venres, 23 de setembro de 2016

O noso PLE

09/09/2016. Carlos Parada Gandos. Linkedin


Fundamentos.



O noso PLE é a nosa Contorna Persoal de Aprendizaxe (Personal Learning Environment). É importante  matizar que o PLE é un enfoque de aprendizaxe, non é unha aplicacicón nin unha plataforma.



Estamos ante unha forma de entender como se aprende, é unha forma de aprender para a que temos que estar formados e formadas, debemos autofixarnos obxectivos de aprendizaxe e esquecernos de avaliacións ou probas externas.

O PLE é así mesmo a posibilidade que nos da internet de recoller un conxunto de ferramentas, recursos e redes persoais coa que aprender. Dividimos o PLE nestas tres áreas:
Ferramentas que utilizamos para comunicarnos con outras persoas
Recursos ou fontes de información xerados por outras persoas
Rede persoal de aprendizaxe que son todas esas persoas coas que compartimos coñecementos e nos comunicacmos directamente.

O noso PLE debe ser activo, debemos ser xenerosos e dar tanto como tomamos, crear coñecementos, recursos. Se non ofrecemos e xeramos recursos e coñecementos, a rede non se retroalimenta e tarde ou cedo morrera, ou cando menos excluiranos.

Debemos reflexionar sobre o concepto de infoxicación, nunha época, na que como dí Jordi Adell, “é a mellor época da historia para os curiosos” temos información alá onde miremos, tantam que se non somos capaces de filtrala e facer agregación e curación dos contidos, infóxicámonos e deixa de ser util para nós. Para isto existen diferentes ferramentas á nosa disposición na rede.


Desenvolvemento da sesión.



Comeza a sesión desenvolvida polo relator Carlos Parada Gandos, experto en E-learning, e que actualmente exerce como Consultor de formación.

Empezou definindo o que é un PLE (Contorna Persoal de Aprendizaxe).





Para ter unha idea máis ampla do que é un PLE amosounos un vídeo de Jordi Adell, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade Jaume I, onde nos explica en profundidade cómo se vai configurando un PLE. No canle de YOUTUBE podédelo atopar…



A continuación o relator amosounos o seu esquema PLE…


É o momento de facer o noso PLE, reparto de folios e lápices de cores para confeccionalo… Máxima concentración!


Algúns exemplos do traballo realizado polos asistentes…





Retomamos a sesión falando da Infoxicación: exceso de información á hora de tomar unha decisión.


Para evitar esa infoxicación dispoñemos de varias ferramentas que nos axudan a organizar e clasificar a información que nos interesa...


Continuamos indagando sobre máis aplicacións… Diigo, Storify, Folcsonomía…


Rematamos a sesión con ganas de seguir experimentando con estas novas ferramentas!


Conclusión: 


O PLE é o entorno personal de aprendizaxe, que cada un de nós elaboramos ao logno da nosa vida e que a travñes dun conxunto de ferramentas, recursos e fontes de información nos permiten tomar o contro da nosa aprendizaxe na web 2.0

Dentro do entorno, procuramos e filtramos información, organizamos e creamos novos contidos e comunicámonos con outras persoas. Esta parte do PLE denomínase PLN que é a rede persoal de aprendizaxe coa que compartimos a nosa información.

En definitiva o PLE permítenos construir entornos únicos e personalizados de aprendizaxe capaces de satisfacer múltiples necesidades e convírtese unha forma ideal para acadar o noso desenvolvemento persoal e profesional desexado.


Para saber máis:


-Video explicativo PLE


Ningún comentario:

Publicar un comentario