Amosando publicacións coa etiqueta #POLAB16. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #POLAB16. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de novembro de 2016

Reflexión módulo III: Marco Instrumental

Reflexión módulo III: Marco instrumental

Intermediación laboral




A orientación laboral diferencia 3 modelos metodolóxicos básicos:

  • Modelo didáctico: Parte dunha visión do proceso orientador no contexto educativo, o acto de orientación como intervención puntual, e a persoa orientadora como guia que procura aconsellar nos distintos pasos que a persoa usuaria ten que dar.
  • Modelo de asesoramento: Neste modelo xurde a idea de acompañamento ao longo do tempo. está centrado nun asesor que realiza un acopañamento, non como guia. Basease na premisa de que as persoas adultas non requiren un guia ou titor, senon un experto profesional no campo do emprego que os asesore no seu acceso ao mercado de traballo.
  • Modelo centrado nos recursos: O que procura este modelo, non é asesorar ou titorizar a unha persoa, procura facilitar o acceso a recursos, realizando pequenas accións curtopracistas. Non busca accións planificadas, ne deseño de itinerarios a medio ou longo prazo.
A orientación laboral así mesmo basease en tres principios básicos:
  • Individualización: A orientación será personalizada, adaptada ás necesiadedes de cada usuario ou non será.
  • Flexibilidade: Non pode ser ríxida, ten que permitir adaptarse a novas situacións, actividades ou informacións que xurdan con cada usuario.
  • Desenvolvemento: Debe procurar a autonomía de cada usuario.
Igualmente importante é ter en conta para a orientación laboral a especial atención á diversidade. A persoa orientadora debe ter en conta os colectivos vulnerables e os factores que dificultan especialmente o acceso ao emprego. Ten que coñecer cales son os factores que determinan as situacións de desigualdade e influir neles a través da súa intervención.

Debemos ter en conta, que a persoa orientadora laboral ten que ter unhas competencias clave para o desenvolvemento do seu traballo:
  • Técnicas, como coñecementos de lexislación laboral e de seguridade social e de habilidades sociais. Coñecemento do tecido empresarial do ámbito de traballo.
  • Intanxibles, como a creatividade e innovación, a organización no traballo, a orientación ao cliente ou persoa usuaria, orientación ao traballo, iniciativa e competencia interpersoal.


Itinerarios de inserción




Os itinerarios de inserción son básicos na orientación laboral. Se no primeiro tema deste módulo falabamos das competencias das persoas orintadoras, falabamos da adaptabilidade, da personalización, da flexibilidade, pois ben todas esas competencias son necesarias para a elaboración de itinerarios de inserción.

Estes itinerarios sñon un conxunto de accións que se organizan nin proceso personalizado cara a iserción laboral. Concretamente estes están compostos por tres fases ben diferenciadas:

  • Diagnóstico personalizado
  • Intervención orientadora, con actividades grupais e individuais
  • Supervisión e/ou avaliación continua
O esquema básico dun itinerario de insercción sería o que segue:


Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións


Cando falamos destes procesos, falamos fundamentalmente da entrevista, tanto da entrevista de orientación laboral, como da entrevista por competencias, coma unha das fases do proceso de selección.



A entrevista de orientación laboral é un  proceso de comunicación que se emprega como unstrumento fundaamental para o asesoramento e como medio de selección de persoal. O entrevistador avalia ata que pundo a persoa sabe, pode e quere realizar as tarefas dun posto, e a persoa entrevistada, ten como obxectivo desmostrar que pode, sabe e quere desenvolver as tarefas do posto ofrecido.

Debemos ter en conta os seguintes aspectos antes dunha entrevista:

  • Ter claro o que se pode ofrecer
  • Coñecer a empresa e o posto de traballo ofrecido
  • Preparar preguntas para facaer ao entrevistador
  • Lembrar os datos e detalles do teu curriculum
  • Coidar presenza e hixiene persoal
  • Levar toda a documentación necesaria
Así mesmo debemos evitar o seguinte ante unha entrevista
  • Mostrar problemas de dispoñibilidade
  • Dar mostras de agresividade ou de pouco control
  • Dar mostras de rixidez
  • Parecer pouco responsable
  • Parecer pouco dinámico
  • Ser impuntual
  • Parecer que non tes confianza en ti mesma

Análise de perfís profesionais e prospección de emprego


Toda persoa orientadora debe coñecer en profundidade os postos de traballo existentes, as potenciais xeradoras de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións. O que se debe facer fundamentalmente para a análise de postos de traballo consiste en propor a persoa usuaria que procure información en dirferentes fontes sobre as ocupacións obxecto de estudo e identifique cales son as principais característivas que ofrecen e demanda no posto de traballo.


Hoxe por hoxe, estanse a crear novos perfís profesionais, e debemos telos en conta, como en calquera profesión debemos estar actualizados, e adaptarnos aos cambios, como diciamos anteriormente. por iso debemos procurar tamén un catálogo de novas profesións.

Outra actividade básica da persoa orientadora é a prospección empresarial, podemos comezar por indicar que a prospección é a explotación de posibilidades futuras baseadas en indicios presentes. E esta definición debemos levala a prospección orientada ao coñecemento da oferta, dos postos de traballo, e a orientada a demanda, ao coñecemento dos perfís profesionais de determinados colectivos.



A prospección de empresas é beneficiosa tanto para as empresas, como para as entidades, ás primeiras permítelles coñecer os recursos humanos dispoñibles, detectar as necesidades dos novos postos de traballo, determinar as tarefas a desenvolver en cada posto e identifica perfís profesionais; ás segundas mellorar o coñecemento da realidade empresariall das empresa, estudar a incidencia no emprego de cambios na sociedade, contribuir á toma de decións de políticas activas de emprego.


Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e ao autoemprego


Para resumir refirirémonos fundamentalmente a tres, o Curriculum vitae, as entrevistas de selección e a rede de contactos (networking)

Do Curriculum vitae podemos dicir que é a ferramenta fundamental para a prcura de emprego. Tamén é importante remarcar que non existe un CV estandar, pefrfecto, senon que é unha ferramenta creativa, personalizada, e que dicimos que debe cumprir uns obxectivos:

  • Chamar a atención
  • Suscitar interese
  • Fomentar o desexo
  • conseguir acción

Existen diferentes tipos e modelos de curriculum, pero o importante é que atopemos unn que se adapte a nós e ao posto de traballo que estamos a optar.

Se o CV era a ferramenta básica e fundamental, a entrevista de selección é o punto de inflexión, o momento clave onde temos que conseguir vendernos, chegar a transmitir todo o noso potencial para o posto de traballo ao que estamos optar, é unha ferramenta de venda e así a debemos tratar, dándolle a importancia e preparando coa profundidade que se merece.
Existen distintos tipos de entrevista, segundo o número de entrevistadores, o método utilizado, o que se procura con elas, e debemos estar preparadas para todas, e buscar, como viñamos indicando, vendernos do mellor xeito posible, personalizado ao posto de traballo que accedemos.

Non debemos deixar de lado a rede de contactos, ou networking, se ben podemos conseguir acceder a un posto de traballo a través de moitos medios, com o anuncios en prensa, internet, ett, e demais, o máis efectivo seguramente sexa ter unha ampla rede de contactos, nun sentido amploi, non unicamente daquelas persoas que coñecemos e relacionadas co propio obxectivo profesional, senon de todas aquelas que se ten unha relación significativa ao longo da vida e coas que é posible recuperar contacto na actualidade.




Elaboración do plan de empresa


O plan de empresa é unha ferramenta complexa, pero básica para a posta en marcha dun negocio. Se ben vimos ferramentas máis áxiles e cómodas para o análise da viabilidade previa dun proxecto, como o método CANVAS, necesitamos pasar a proba dun plan de empresa, traballado en profundidade para minimizar os riscos que implica a inversión nun novo negocio. Trátase de poñer no papel o que se leva montando na cabeza durante meses seguramente, trátase de levar ao máis parecido a realidade posible o noso proxecto, para detectar todas as eivas que poida ter antes de invertir diñeiro no mesmo e poder solucionalas co menor custo posible.

O plan de empresa procura responder a varias preguntas:

Se respondemos correctamente a estas preguntas o noso proxecto terá pasado unha proba suficiente para poñerse ante o mercado. 

Se ben é conveniente ver distintas guías para a elaboración do plan de empresa que existen en distintas plataformas, podemos adiantar unhas pinceladas de estructura, que sería como segue:

  1. Datos identificativos
  2. Descrición da actividade. A Idea
  3. O que nos rodea. Análise da contorna e do mercado
  4. Comercialización e Marketing
  5. Plan de operacións e localización
  6. Recursos Humanos e organización interna
  7. Plan económico financeiro
Compre rematar dicindo que non existe unha estrutura obrigada para o plan de empresa, pero é conveniente que sexa claro e esté estruturado, para que facilite a lectura, despois de todo é un documento que tamén vale como presentación do noso proxecto ante calquera persoa que estea interesada.


Para saber máis


venres, 30 de setembro de 2016

As Ferramentas do PLE de Brais

Vou a tentar falarvos un pouco do que é un PLE, antes de máis supoño que a moitos nos sonará como mínimo a chinés. Pero non vos preocupedes é un concepto facil de entender. Hai moitas e moi variadas definicións de PLE, a min particularmente gústame moito a que fai Jordi Adell no seguinte video:



Pero para as que non queirades ver o video completo vou tentar facervos unha pequena definición. Para comezar temos que saber que significan esas tres letras, e non é máis que a nosa Contorna Persoal de Aprendizaxe (Personal Learning Environment). Pero que é o PLE? O noso PLE é o noso enfoque de aprendizaxe.

É un xeito de entender a adquisición de coñecementos, a súa aprendizaxe a súa creación. Esta forma de facer, esta forma de aprender require que estemos formados e formadas, debemos autofixarnos obxectivos de aprendizaxe e esquecernos de avaliacións ou probas externas.


O PLE é así mesmo a posibilidade que nos da internet de recoller un conxunto de ferramentas, recursos e redes persoais coa que aprender e coñecer.

Tamén me permito poñervos aquí a imaxe do meu PLE inicial, feito e publicado nunha xornada do curso #POLAB16, concretamente na que podedes ver aquí.


A este PLE inicial e grazas á mesma sesión onde vimos a súa explicación teño que engadir dúas novas ferramentas: feedly e scoop.it

Aquí vos deixo unha captura de pantalla do meu feedly:


Aproveito para facer unha pequena valoración desta ferramenta, a verdade é que me parece tremendamente útil, é máis, diria que totalmente imprescindible para o meu traballo e para os meus intereses persoais e profesionais. O feito de navegar polas páxinas de información que habitualmente reviso todos os días e nas que perdo unha gran cantidade de tempo entre abrir, pechar, esta páxina ou aquela e buscar dentro dela aquilo que nos é util. Agora podo cambialo por escoller esas mesmas páxinas poñelas na ferramenta feedly e que esta me seleccione o que eu lle indico para atopar nunha vista de ollos toda a información e seleccionala con solo un click.
Así mesmo, considero moi aproveitable a aplicación mobil desta ferramenta, permiteche ainda máis ver a información que che interesa en calquera sitio. Unha das cousas que a min me amarga de ler novas e información do meu traballo no telefono é precisamente ter que cambiar de páxinas e entrar nunha ou outra, con esta aplicación podo ver as que me interesan e se non me apetece nese momento entrar na páxina de orixe, podo gardala para máis tarde cando esté diante de un ordenador e vela con calma, xa seleccionada.  En definitiva, feedly foi un gran descubrimento, co que estou encantado e ao que, con poucos días de uso sácolle un partido increible.

Tamén quero falar do meu scoop.it, do que podedes ver unha imaxe do meu tópico "economía social" na seguinte imaxe:



Para esta ferramenta, se ven me parece útil, pareceme moito menos intuitiva que feedly, e polo tanto nuns primeiros momentos de uso menos útil, a verdade é que si que lle vexo utilidade de cara a publicar a información que nos interese, ademáis en varias plataformas á vez. No entanto, non lle vexo tanta utilidade para atopar a información que nos interesa, seguramente sexa porque ainda me falta tempo por dedicarlle para a busqueda das distintas funcionalidades da mesma. En conclusión, se ben non me emociona como a ferramenta anterior, vexo que ten moita potencialidade por explotar pola miña parte e pode chegar a ser unha ferramenta util para a miña vida diaria.




venres, 23 de setembro de 2016

O noso PLE

09/09/2016. Carlos Parada Gandos. Linkedin


Fundamentos.



O noso PLE é a nosa Contorna Persoal de Aprendizaxe (Personal Learning Environment). É importante  matizar que o PLE é un enfoque de aprendizaxe, non é unha aplicacicón nin unha plataforma.



Estamos ante unha forma de entender como se aprende, é unha forma de aprender para a que temos que estar formados e formadas, debemos autofixarnos obxectivos de aprendizaxe e esquecernos de avaliacións ou probas externas.

O PLE é así mesmo a posibilidade que nos da internet de recoller un conxunto de ferramentas, recursos e redes persoais coa que aprender. Dividimos o PLE nestas tres áreas:
Ferramentas que utilizamos para comunicarnos con outras persoas
Recursos ou fontes de información xerados por outras persoas
Rede persoal de aprendizaxe que son todas esas persoas coas que compartimos coñecementos e nos comunicacmos directamente.

O noso PLE debe ser activo, debemos ser xenerosos e dar tanto como tomamos, crear coñecementos, recursos. Se non ofrecemos e xeramos recursos e coñecementos, a rede non se retroalimenta e tarde ou cedo morrera, ou cando menos excluiranos.

Debemos reflexionar sobre o concepto de infoxicación, nunha época, na que como dí Jordi Adell, “é a mellor época da historia para os curiosos” temos información alá onde miremos, tantam que se non somos capaces de filtrala e facer agregación e curación dos contidos, infóxicámonos e deixa de ser util para nós. Para isto existen diferentes ferramentas á nosa disposición na rede.


Desenvolvemento da sesión.



Comeza a sesión desenvolvida polo relator Carlos Parada Gandos, experto en E-learning, e que actualmente exerce como Consultor de formación.

Empezou definindo o que é un PLE (Contorna Persoal de Aprendizaxe).





Para ter unha idea máis ampla do que é un PLE amosounos un vídeo de Jordi Adell, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade Jaume I, onde nos explica en profundidade cómo se vai configurando un PLE. No canle de YOUTUBE podédelo atopar…



A continuación o relator amosounos o seu esquema PLE…


É o momento de facer o noso PLE, reparto de folios e lápices de cores para confeccionalo… Máxima concentración!


Algúns exemplos do traballo realizado polos asistentes…





Retomamos a sesión falando da Infoxicación: exceso de información á hora de tomar unha decisión.


Para evitar esa infoxicación dispoñemos de varias ferramentas que nos axudan a organizar e clasificar a información que nos interesa...


Continuamos indagando sobre máis aplicacións… Diigo, Storify, Folcsonomía…


Rematamos a sesión con ganas de seguir experimentando con estas novas ferramentas!


Conclusión: 


O PLE é o entorno personal de aprendizaxe, que cada un de nós elaboramos ao logno da nosa vida e que a travñes dun conxunto de ferramentas, recursos e fontes de información nos permiten tomar o contro da nosa aprendizaxe na web 2.0

Dentro do entorno, procuramos e filtramos información, organizamos e creamos novos contidos e comunicámonos con outras persoas. Esta parte do PLE denomínase PLN que é a rede persoal de aprendizaxe coa que compartimos a nosa información.

En definitiva o PLE permítenos construir entornos únicos e personalizados de aprendizaxe capaces de satisfacer múltiples necesidades e convírtese unha forma ideal para acadar o noso desenvolvemento persoal e profesional desexado.


Para saber máis:


-Video explicativo PLE


venres, 9 de setembro de 2016

Orientación para a igualdade e a inclusión social. A orientación con colectivos en risco de exclusión.




Orientación para a igualdade e a inclusión social. A orientación con colectivos en risco de exclusión.


15/07/2016. Margot Valcarce Fernández. Linkedin


1. Fundamentos


Na actualidade atopámonos nun contexto de cambio motivado pola crise, ideolóxica, política, social, cultural e cientifico tecnolóxica. Na que aparecen tres conceptos a ter en conta á hora de levar a cabo a nosa labor coma orientadores: a vulnerabilidade, a exclusión social e a marxinación.

Ditos conceptos que antes estaban centrados nun segmento da poboación en particular, actualmente afectan a calquera persoa, de calquera serctor social.

Este aumento da vulnerabilidade das persoas motiva, que a orientación se adapte para ofrecer un maior acompañamento, servizos accesibles máis personalizados, axudas a medio prazo, mantemento da motivación e apoio tutorial continuado.

Esto ven a significar que a orientación non debe centrarse só nas ásreas académica e profesional, senon tamén na persoal, familiar e social para poder realizar unha intervención integral sobre o individuo.

O patrón que debe seguir a orientación para traballar con persoas en situación de vulnerabilidade son:

■ Intervir e mediar axustando á persoa o proceso de inserción.

■ Proporcionar ferramenta de busca activa de emprego de forma autónoma.

■ Traballar a activación e a motivación.

■ Desenvolver o empoderamento.

■ Proporcionar o acompañamento no  acceso a dispositivos e recursos comunitarios que faciliten o manexo do mercado laboral.



2. Desenvolvemento da sesión


Venres 15, 16.00 horas, comeza a sesión desenvolvida pola relatora Margot Valcarce Fernández, Licenciada en Pedagoxía, e que actualmente exerce como Profesora na Universidade de Santiago de Compostela.

Empezou facendo unha breve presentación do seu CV, do que se iba a ver na sesión e os temas a tratar na mesma.





A modo de introdución presentou a situación actual que estamos a atravesar a nivel social, laboral, político e económico e do importante papel que xoga a Orientación laboral neste delicado momento. Tamén introduxo varios conceptos como a vulnerabilidade e a exclusión social.




Tras a exposición plantexounos un caso práctico: O Caso de Quino - Un rapaz con un perfil co que nos atopamos a diario para facer un diagnóstico da súa situación e posibles vías de actuación con el.





É o momento de poñerse a traballar, formamos grupos de traballo para abordar o caso.




Antes de realizar o diagnóstico é imprescindible facer unha MATRIZ DAFO para determinar as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades de Quino. Para logo plasmalo nunha Análise CAME: Correxir as debilidades, Afrontar as ameazas, Manter as fortalezas e Explotar as oportunidades.




Rematado o traballo en grupo imos expoñer as conclusións, para iso facemos uso dunha táboa elaborada pola relatora, onde poñemos en común os indicadores analizados en Quino nas áreas: personal, académica, profesional, familiar e social.




Rematada a sesión por hoxe coa satisfacción de haber aprendido algo máis!!









Conclusións


Calquera persoa, nun momento dado da súa vida, pode verse arrastrada a unha situación de vulnerabilidade como consecuencia da perda do emprego, que leva a un estado de exclusión social e á vez marxinación.
Os gobernos teñen que levar a cabo accións e programas para protexer e apoiar a integración das persoas no seu entrono social e na súa autonomía funcional. 
A orientación laboral facilita a insercción no mercado de traballo a través dun conxunto de iniciativas integradoras, asesoramento e titorización profesional.

Para saber máis


mércores, 27 de xullo de 2016

Reflexión Módulo 1: Marco conceptual

Reflexión Módulo 1: Marco conceptual



Marco de referencia da orientación laboral 

A labor da persoa orientadora laboral, vai moito máis alá de intentar insertar a persoa no mercado laboral a toda costa e "caiga quen caiga", Se ben a consigna idealizada de "non renunciemos aos nosos soños" que ilustra a imaxe anterior pode parecer, nun contexto de crise como o actual, un pouco fora da realidade, o certo é que adaptandoo ao noso sector pode convertirsena mellor estratexia de orientación. Como vimos a estratexia de orientación encádrase en catro grandes eixos: Información, orientación, motivación e asesoramento. 

Seguindo a premisa da estratexia para a orientación, paréceme fundamental este primeiro módulo, como marco conceptual, pois está claro que para poder informar de todas as opcións e saber cales son as máis acaidas para a nosa orientada, as primeiras que debemos estar informadas e dispoñer das ferramentas precisas somos nós, así penso que este marco conceptual está a brindarnos o "know how" para acceder a esa información e compartillala con éxito.

Política social e de emprego da Unión Europea

Neste proceso de adquisición de ferramentas vimos por exemplo as póliticas, activas e pasivas que están a desenvolverse polas distintas administracións, xa sexa, a nivel estatal (SEPE), a nivel autonómico (SPEG) ou a nivel de políticas europeas. Podemos ver se lle botamos un ollo a información dispoñible na rede que agora mesmo as estatais e europeas (as segundas informa ás primeiras) están a promover a contratación a través do empeoramento radical das condicións laborais das traballadoras (de forma eufemística, "flexibilización do mercado laboral"), ou ben de incentivos e bonificacións nas cotizacións á seguridade social. O certo é que non se está a ser conscientes, desde as políticas europeas (que ao fin é onde radican as politicas estatais, pois son que as financian na súa maioria),que as necesidades actuais de traballadoras e empresas non pasa polo camiño que se están inventando, como a estratexia 20/20, que vemos completamente alonxada da realidade.



O Mercado Laboral

Son claramente todas elas insuficientes e mal enfocadas, nada máis temos que ver a situación a nosa sociedade, botandolle un ollo aos indicadores do mercado laboral como a EPA, a taxa de ocupación, ao número de afiliados, ou a calquera das informacións estadísticas que temos ao noso dispor en sitios web como IGE ou o INE.

En definitiva, é evidente que temos uns dirixentes que están bastante afastados da realidade, e ainda que se gastan cantidades inxentes de diñeiro en revertir a situación, o certo é que segundo os datos vistos estes días na documentación achegada para este Marco Conceptual, están a ser pouco eficientes.


Certificación e Formación profesional

Ben é certo que non todo o que se está a facer redunda en impedimentos para as traballadoras e orientadas, se ben, moitas veces crease unha cantidade importante de trámites burocráticos polos que hai que "escalar" para homoxeneizar e recoñecer coñecementos nun mercado común europeo e mesmo estatal; no que nós como orientadoras podemos facilitar moito o camiño. adiviñáchedes! estou a referirme á cerificación profesional, esa materia tan "liviana" que nos axudou a entender de xeito tan sobresainte a relatora Elena Gónzalez, se nos quedou algo claro de toda esta materia é onde atopar a información sobre as cualificacións e a formación profesional, e as diferencias entre a formación na administración educativa (que expide títulos) e a laboral (que expide certificacións). 

A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

Pero non ficou aquí a nosa formación para facernos cun marco conceptual para poder atender dunha forma excelente ás nosas orientadas, non podemos esquecernos do emprendemento, xa que está a ser fortemente fomentado desde as administracións, tanto europeas como estatais ou autonómicas, e porque pode ser un dos posibles camíños profesionais a poñer encima da mesa para que valoren as nosas orientadas, sempre lembrando que non somos nós quen temos que tomar as decisión, senon sempre elas.

Nesa parte tan importante da estratéxia da orientación que é a motivación, o emprendemento pode xogar un papel clave, pois é unha ferramenta excelente para conseguir un posto de traballo realmente motivado. No entanto, non debemos caer no ánimo fácil ao emprendemento, a decisión de comezar unha actividade por conta propia pode ter moias consecuencias positivas, pero tamen as pode ter negativas. Non me estou a referir ao fracaso dunha iniciativa emprendedora, pois hai culturas que valoran altamente o fracaso e o consideran un paso previo e necesario para o éxito, senon que estou a por de manifesto unha necesidade de valorar en profundidade os riscos que se corren, pois temos que saber o alcance económico, social, familiar e emocional que pode ter o noso proxecto. En definitiva temos que avaliar a viabilidade do noso proxecto e previamente plantexar o modelo de negocio que debemos afrontar, para isto existen diversas ferramentas, como a que traballamos nas sesións presenciais co modelo CANVAS


Aprendimos tamén que é básico escoller unha forma xúridica axeitada, e que para estes momentos de crise económica unhas das máis atraintes son todas as encadradas na chamada economía social, cooperatiavas, sociedades laborais, etc.

En definitiva e como conclusión final deste pequeno artigo que pretende ser unha reflexión, resumo do meu punto de vista sobre o que neste primeiro módulo do curso de postgrao de Especialización en Orientación Laboral, é fundamental a información, e máis nunha época como a actual, na que moitas veces o exceso desta fainos ser máis desinformadas, necesitamos ser empáticas e necesitamos adaptarnos ás necesidade e diversas situacións das persoas que veñan a solicitar os nosos servizos. E podemos dicir que deste Marco Conceptual saimos co xermen necesario para informar, orientar, motivar e asesorar ás nosas usuarias

Para profundizar na información exposta existen diversas ligazóns en todo o texto, á vez que recollo algunhas máis na seguinte listaxe:

Para saber máis:


 EPA