xoves, 13 de outubro de 2016

As ferramentas do PLE de Alicia Leal


O PLE é a rede de recursos que cada un de nos emprega para xestionar a nosa aprendizaxe, para obter e plasmar información relacionada cos nosos intereses. A través da nosa interacción cos medios (Internet, prensa, redes sociais,...) obtemos información a cal transformamos e reflectimos.



O noso PLE vai sufrindo modificacións a medida que imos ampliando e utilizando máis ferramentas...


O meu PLE inicial era éste:





Despois de coñecer dúas novas ferramentas como son: FEEDLY e SCOOP.IT veuse modificado deste xeito:


 Resultado de imagen de logo de feedly?trackid=sp-006   

Como se pode comprobar podo sustituir todas as fontes de información por un lector de RSS que me permite cribar a información que me resulta relevante sen necesidade de ter que consultar todas e cada unha das páxinas do meu interese.


Pero deamos unha definición máis formal do que é un PLE...



"Unha Contorna Persoal de Aprendizaxe (en inglés: Personal Learning Environment, PLE) é o conxunto de elementos (recursos, actividades, fontes de información) utilizados para a xestión da aprendizaxe persoal.


Jordi Adell os define como "un enfoque da aprendizaxe", non unha maneira de ensinar. É dicir, que nos axudan a comprender o modo en cómo aprendemos as persoas utilizando as tecnoloxías que se  atopan á nosa disposición. Non é unha aplicación, non é unha plataforma, nin un novo tipo de software que se pode instalar, o PLE é un enfoque pedagóxico cunhas enormes implicacións nos procesos de aprendizaxe e cunha base tecnolóxica evidente. Un concepto tecno-pedagóxico que saca o mellor partido das innegables posibilidades que lle ofrecen as tecnoloxías e das emerxentes dinámicas sociais que teñen lugar nos novos escenarios definidos por esas tecnoloxías”.



VALORACIÓN DAS FERRAMENTAS FEEDLY E SCOOP.IT



O Feedly é unha ferramenta que me permite facer unha criba da información do meu interese de diferentes medios na web. Despois de traballar con ela durante unha semana comprobei que me resulta moi útil para o meu día a día xa que non teño que estar consultando cada páxina por separado senón que podo consultar a información do meu interese nunha soa pantalla. 


Por suposto que xa a teño incorporada ao meu PLE porque aforráme moito tempo.

Desventaxas:


- Definir as categorías dos recursos a incluir. 
- Non todas as páxinas do meu interese teñen RSS, polo que algunhas terei que seguir consultando de forma individual. 











Por outra banda, o Scoop.it é un curador de contidos, é unha forma de arquivar ou reunir información do meu interese por temáticas, palabras chave ou, empregando o término da aplicación, tópico. 

Ven a ser como o muro de Facebook onde vou publicando os artigos que me parecen interesantes...e tamén aparecen compartidos os artigos relacionados cos tópicos definidos por min. 

Para o meu día a día é menos práctico, dado que tería que empregar moito tempo na lectura dos artigos.

Desventaxas:


- Definir os tópicos.
- Engadir os términos chave.
- Non fai criba.








Sen lugar a dúbidas decántome polo Feedly como ferramenta para engadir ao meu PLE.


Ningún comentario:

Publicar un comentario