venres, 30 de setembro de 2016

As Ferramentas do PLE de Brais

Vou a tentar falarvos un pouco do que é un PLE, antes de máis supoño que a moitos nos sonará como mínimo a chinés. Pero non vos preocupedes é un concepto facil de entender. Hai moitas e moi variadas definicións de PLE, a min particularmente gústame moito a que fai Jordi Adell no seguinte video:



Pero para as que non queirades ver o video completo vou tentar facervos unha pequena definición. Para comezar temos que saber que significan esas tres letras, e non é máis que a nosa Contorna Persoal de Aprendizaxe (Personal Learning Environment). Pero que é o PLE? O noso PLE é o noso enfoque de aprendizaxe.

É un xeito de entender a adquisición de coñecementos, a súa aprendizaxe a súa creación. Esta forma de facer, esta forma de aprender require que estemos formados e formadas, debemos autofixarnos obxectivos de aprendizaxe e esquecernos de avaliacións ou probas externas.


O PLE é así mesmo a posibilidade que nos da internet de recoller un conxunto de ferramentas, recursos e redes persoais coa que aprender e coñecer.

Tamén me permito poñervos aquí a imaxe do meu PLE inicial, feito e publicado nunha xornada do curso #POLAB16, concretamente na que podedes ver aquí.


A este PLE inicial e grazas á mesma sesión onde vimos a súa explicación teño que engadir dúas novas ferramentas: feedly e scoop.it

Aquí vos deixo unha captura de pantalla do meu feedly:


Aproveito para facer unha pequena valoración desta ferramenta, a verdade é que me parece tremendamente útil, é máis, diria que totalmente imprescindible para o meu traballo e para os meus intereses persoais e profesionais. O feito de navegar polas páxinas de información que habitualmente reviso todos os días e nas que perdo unha gran cantidade de tempo entre abrir, pechar, esta páxina ou aquela e buscar dentro dela aquilo que nos é util. Agora podo cambialo por escoller esas mesmas páxinas poñelas na ferramenta feedly e que esta me seleccione o que eu lle indico para atopar nunha vista de ollos toda a información e seleccionala con solo un click.
Así mesmo, considero moi aproveitable a aplicación mobil desta ferramenta, permiteche ainda máis ver a información que che interesa en calquera sitio. Unha das cousas que a min me amarga de ler novas e información do meu traballo no telefono é precisamente ter que cambiar de páxinas e entrar nunha ou outra, con esta aplicación podo ver as que me interesan e se non me apetece nese momento entrar na páxina de orixe, podo gardala para máis tarde cando esté diante de un ordenador e vela con calma, xa seleccionada.  En definitiva, feedly foi un gran descubrimento, co que estou encantado e ao que, con poucos días de uso sácolle un partido increible.

Tamén quero falar do meu scoop.it, do que podedes ver unha imaxe do meu tópico "economía social" na seguinte imaxe:



Para esta ferramenta, se ven me parece útil, pareceme moito menos intuitiva que feedly, e polo tanto nuns primeiros momentos de uso menos útil, a verdade é que si que lle vexo utilidade de cara a publicar a información que nos interese, ademáis en varias plataformas á vez. No entanto, non lle vexo tanta utilidade para atopar a información que nos interesa, seguramente sexa porque ainda me falta tempo por dedicarlle para a busqueda das distintas funcionalidades da mesma. En conclusión, se ben non me emociona como a ferramenta anterior, vexo que ten moita potencialidade por explotar pola miña parte e pode chegar a ser unha ferramenta util para a miña vida diaria.




Ningún comentario:

Publicar un comentario