A ESCOITA ACTIVA
"La naturaleza nos dio dos ojos, dos orejas y una boca para que pudiéramos observar y escuchar el doble de lo que hablamos".(Epícteto)
QUE É A ESCOITA ACTIVA:
A escoita activa significa escoitar e entender a comunicación dende o punto de vista do que fala. É o elemento indispensable na comunicación eficaz e refírese a habilidade de escoitar non só o que a pesoa está expresando directamente, senón tamén os sentimentos, ideas ou pensamentos que subxacen ó que se está a decir.
FASES DA ESCOITA ACTIVA:
O proceso de escoita activa é unha serie de actos encadeados lóxicamente para obter a totalidade do mensaxe, interpretando o significado correcto do mesmo.
O proceso de escoita activa componse de seis fases:
- Preparación: Predispoñémonos física e mentalmente para prestar a atención necesaria durante a entrevista. Nesta fase é fundametal ter presentes tres aspectos: a elección do momento e o lugar para a cumunicación, a recopilación e análise da información sobre o noso interlocutor e presentar unha actitude positiva hacia a escoita.
- Posición e mirada: O longo da entrevista presentaremos unha posición adelantada, avanzando o corpo dende cintura e miraremos os ollos de quen fala. Respetaremos a distancia do noso interlocutor tendo en conta o tipo de relación que temos con él.
- Reforzar ó interlocutor: Aplicaremos as técnicas tales como o reforzo positivo, o parafresear, a reformulación de preguntas, expresións faciais, asentir coa cabeza, o silencio...para demostrarlle o noso interlocutor que lle prestamos atención.
- Observar a linguaxe non verbal: Durante o proceso de escoita activa debemos estar pendentes da linguaxe non verbal do noso interlocutor, isto é, os seus xestos corporais, as súas expresións faciais e as características da súa voz ( tón, intensidade e ritmo).
- Obter as principais ideas: Detectaremos as palabras clave que sustentan a mensaxe do noso interlocutor. Relacionaremos ditas palabras clave para extraer as ideas principais do mensaxe.
- Retroalimentación ou feedback: Mediante a retroalimentación trasmitirémoslle o noso interlocutor o resume da mensaxe que acabamos de escoitar, demostrándolle así que interpretamos correctamente a súa mensaxe.
TÉCNICAS PARA A ESCOITA ACTIVA:
- Mostrar empatía: Escoitar activamente as emocións dos demais e entender os seus motivos. Trátase de escoitar os seus sentimentos e facerlle saber que nos facemos cargo, que entendemos o que sente esa persoa. Poñernos no lugar de outro co obxetivo de percibir correctamente o que éste pensa e sinte.
- Parafrasear: verificar ou decir con palabras propias o que parece que o interlocutor acaba de decir. Axuda a comprender o que a outra persoa está decindo e permite verificar si realmente se entendeu e non malinterpretando a súas palabras.
- Clarificar: aclarar o que se dixo, obter mais información e así axudar a ver outros puntos de vista .
- Reflejar: mostrar a outra persoa que uno entende o que se sinte.
- Emitir palabras de reforzo ou cumpridos: Poden definirse como verbalizacións que supoñen louvanzas para a outra persoa ou reforzan o seu discurso ao transmitir que un aproba, está de acordo ou comprende o que acaba de dicir.
- Resumir: centrar o tema destacando as ideas principais do que a outra persoa acaba de explica
QUÉ NON FACER NA ESCOITA ACTIVA:
A continuación, repasamos na seguinte figura algúns dos erros que poden producirse cando se escoita a outra persoa:
OS BENEFICIOS DA ESCOITA ACTIVA NA ENTREVISTA DE ORIENTACIÓN LABORAL:
Os principais beneficios que nos proporciona practicar a escoita activa no noso traballo como Orientadores Laborais, son:
- Creamos un clima positivo para a comunicación, logrando que este sexa mais efectivo.
- Captamos o sentido exacto do mensaxe do emisor, reducindo os malentendidos
- Obtemos información relevante sobre o usuario. Ó escoitar activamente o noso emisor, demostrámoslle que temos condiseración por o seu punto de vista, acrecentando a súa autoestima. Esto provoca que continúe facilitándonos información importante.
- Ó prestar atención o usuario, podemos identificar os seus obxetivos e os seus sentimentos, reflexionar sobre a súa mensaxe, confirmar a congruencia da información facilitada e buscar solucions os problemas que van xurdindo.
- Mostrando interés por quen nos está falando, podemos solicitar a ampliación da información suministrada e ademais gañamos a súa confianza facilitando que a entrevista trascorra de forma productiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario