mércores, 2 de novembro de 2016

REFLEXIÓN DO MÓDULO 3 - O MARCO INSTRUMENTAL

A Orientación Laboral fundaméntase en 3 modelos de intervención:

  • DIDÁCTICO: É unha acción que se desenvolve en momentos puntuais de transición, onde se lle outorga unha gran importancia ao aspecto vocacional.

ORIENTADOR/A = CONSELLEIR@

  • DE ASESORAMENTO: O seu enfoque varía cara ao acompañamento ao longo do tempo, consensuando e planificando actuacións para a inserción a curto, medio e longo prazo.
ORIENTADOR/A = ASESOR/A

  • CENTRADO NOS RECURSOS: Baseado no PNL (Programación Neurolingüística) neste modelo fálase dun proceso facilitador dos recursos das persoas usuarias centrándose na proacción, aumento da motivación e mantemento das actividades de inserción. 
ORIENTADOR/A = FACILITADOR/A 


A conxunción dos tres modelos da lugar a unha intervención completa onde se ten en conta:

- a situación das persoas e colectivos a atender,
- o tipo de actuación a poñer en marcha,
- e a implementación das accións. 

En España os profesionais da Orientación proceden de diversos contextos formativos e o seu desempeño é autónomo baseado nas súas propias habilidades e coñecementos. Co Plan Nacional de Acción para o Emprego consolídase a atención individualizada como a máis axeitada. 

En Europa a tendencia é a integrar a Orientación no proceso educativo e continuar ao longo da vida do suxeito. 

Os principios nos que se fundamenta son:

  • Individualización: Adaptada a cada persoa.
  • Flexibilidade: Permite axustes fronte aos cambios.
  • Desenvolvemento/ busca da autonomía: Debe potenciar a autonomía da persoa.


ACCIÓNS A REALIZAR


- Atención individualizada: A intervención desenvolverase como un proceso individualizado onde se acordan os pasos a seguir para conseguir un óptimo desenvolvemento do itinerario.

Preténdese facilitar o desenvolvemento dos recursos e competencias do usuario/a que lle permitan identificar opcións, tomar decisións e avaliar os seus resultados de forma autónoma.

O orientador/a tratará de indagar nas seguintes áreas:
  1. Planificación.
  2. Motivación.
  3. Información.
  4. Habilidades.

- Accións grupais: Trabállanse aspectos concretos dentro do proceso de intervención. 

Tipos:

A) Talleres de Recursos Persoais: A súa finalidade é desenvolver habilidades para mellorar a empregabilidade: 
                                  - habilidades sociais e comunicación,
                                  - competencias para a busca de emprego,
                                  - toma de decisións e resolución de problemas,
                                  - control de ansiedade,
                                  - motivación.

B) Talleres de Busca de Emprego: Pretenden dar a coñecer e adestrar en técnicas de busca de emprego: 
                                  - busca de emprego a través de Internet,
                                  - entrevista de selección,...


COLECTIVOS VULNERABLES


Se denominan aquelas persoas que se atopan nunha posición de desvantaxe con respecto a outros demandantes de emprego.

Pretende combater a discriminación que sofren e coñecer os factores determinantes destas situacións de desigualdade.

Existen 2 tipos de factores:

  • Obstáculos existentes na sociedade (estereotipos, prexuízos,...).
  • Dificultades propias das persoas (falta de formación, falta de experiencia, baixa autoestima,...).
R. Castel fala de 3 zonas segundo sexa a situación con relación ao risco de exclusión social:

 


Favorecer o acceso ao emprego das persoas máis vulnerables é un camiño necesario para que poidan alcanzar a plena integración na nosa sociedade.


PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Posibilitar a incorporación ao mercado laboral das persoas con algún tipo de discapacidade e que trate de corrixir as problemáticas que actúan como barreiras á inserción laboral. 

Problemáticas engadidas:
  • Entorno familiar.
  • Entorno social.
  • Entorno formativo.
  • Entorno empresarial.

PERFIL DO ORIENTADOR/A 





ITINERARIOS DE INSERCIÓN


Conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado que ten como obxectivos:
                    - Inserción sociolaboral.
                    - Desenvolvemento profesional.

a través da información e o asesoramento individual.

FASES


1) Diagnóstico personalizado.
2) Intervención orientadora.
3) Supervisión ou avaliación continua.

Ten carácter pedagóxico dado que o usuario:

              a) adquire coñecementos e habilidades.
              b) descobre posibilidades e capacidades.
              c) fortalécese para afrontar a súa situación.





ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO


O/a orientador/a laboral precisa coñecer os postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais de cada unha das ocupacións; para así poder facilitar ao usuario a información das ocupacións que considerou como posible obxectivo.

A través desta información o usuario faise unha idea sobre cales son as esixencias das empresas en relación a un posto de traballo, en qué nivel se axusta ao mesmo e en qué medida se adecúa ás súas necesidades.

É interesante propor ao usuario que busque información sobre as ocupacións obxecto de estudo en diferentes fontes:
                                              - ofertas laborais,
                                              - certificados de profesionalidade,
                                              - fichas profesionais,
                                              - buscar contactos,
                                              - visita a colexios profesionais,
                                              - prácticas en empresas.

Esta información reflectirase nun informe onde constará:
  • Descrición da ocupación.
  • Funcións e tarefas.
  • Espazos onde se realiza.
  • Formación e certificados.
  • Tecnoloxías ou ferramentas utilizadas.
  • Outras ocupacións relacionadas.
  • Condicións laborais.




PROSPECCIÓN EMPRESARIAL


Acción de informar, asesorar e detectar as necesidades das empresas. A prospección empresarial para a inserción implica que enlace previamente co coñecemento da poboación demandante de emprego con outras accións de intermediación:

- deseño de itinerarios individualizados,
- conciliación da vida laboral e familiar,
- accesibilidade,...

Consiste na promoción de accións de difusión e sensibilización na contorna social e laboral para fomentar:

          1- as oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción,
          2- e o coñecemento por parte do empresariado dos recursos humanos dispoñibles.

Fases

  • Preparatoria.
  • De planificación.
  • De traballo de campo.
  • De avaliación e seguimento.

Maletín do prospector/a


- Ficha de empresa.
- Carta de presentación.
- Dípticos/ pósters informativos.








TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AO EMPREGO E AO AUTOEMPREGO


CV - 

Documento de presentación de habilidades formación e vida laboral co fin de optar a un posto de traballo.




ENTREVISTAS -

É o momento do contacto persoal, onde dunha forma individual e directa, o entrevistado ten a ocasión de convencer ao entrevistador de que el é a persoa idónea para o posto. Unha entrevista de traballo é unha actividade chave no proceso de selección de persoal.





PROBAS DE SELECCIÓN -

Consisten nunha serie de probas (dinámicas, test,...) que tratan de avaliar as capacidades, habilidades e rasgos psicolóxicos que non se poden determinar na entrevista.
















REDE DE CONTACTOS - 

As relacións sociais son esenciais para a nosa vida cotiá. Son unha fonte de información, coñecemento, acceso a outras persoas e tamén a potenciais negocios.



ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA


Aínda que os/as orientadores/as non temos unha formación empresarial podemos dar certo asesoramento na posta en marcha dunha negocio antes de derivalo a profesionais máis cualificados.

O plan de empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financeira do mesmo e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a oportunidade nun proxecto empresarial concreto. 

Os pasos previos á elaboración do plan de empresa son:

A) ESTUDO DE MERCADO: 

Trata de analizar todas as variables que influen no desenvolvemento da actividade empresarial.


B) ANÁLISE DAFO: 

É unha metodoloxía de estudo da situación dunha empresa ou un proxecto, analizando as súas características internas (Debilidades e Fortalezas) e a súa situación externa (Ameazas e Oportunidades) nunha matriz cuadrada.



C) VARIABLES DA MERCADOTECNIA:

Son coñecidas como as 4 P:
1) Produto.
2) Prezo.
3) Praza.
4) Promoción.

















D) SEGMENTACIÓN DO MERCADO E A ESTRATEXIA: 

É unha estratexia básica para identificar segmentos e elexir un mercado meta.

E) PREVISIÓN DE VENDAS:

É unha ferramenta de auto-avaliación dun negocio que ten como obxectivo predecir con exactitude os niveis da demanda e as vendas durante un período determinado.

F) ANÁLISE FINANCEIRA E ECONÓMICA:

















O/a orientador/a laboral é quen pode ofrecer ás persoas en situación de desemprego ferramentas útiles para a súa busca de emprego, nun entorno cada día máis cambiante, no que é necesario facer cada vez, máis rápidos axustes.

PARA SABER MÁIS






entrevista



Ningún comentario:

Publicar un comentario