luns, 14 de novembro de 2016

Reflexión módulo III: Marco Instrumental

Reflexión módulo III: Marco instrumental

Intermediación laboral




A orientación laboral diferencia 3 modelos metodolóxicos básicos:

  • Modelo didáctico: Parte dunha visión do proceso orientador no contexto educativo, o acto de orientación como intervención puntual, e a persoa orientadora como guia que procura aconsellar nos distintos pasos que a persoa usuaria ten que dar.
  • Modelo de asesoramento: Neste modelo xurde a idea de acompañamento ao longo do tempo. está centrado nun asesor que realiza un acopañamento, non como guia. Basease na premisa de que as persoas adultas non requiren un guia ou titor, senon un experto profesional no campo do emprego que os asesore no seu acceso ao mercado de traballo.
  • Modelo centrado nos recursos: O que procura este modelo, non é asesorar ou titorizar a unha persoa, procura facilitar o acceso a recursos, realizando pequenas accións curtopracistas. Non busca accións planificadas, ne deseño de itinerarios a medio ou longo prazo.
A orientación laboral así mesmo basease en tres principios básicos:
  • Individualización: A orientación será personalizada, adaptada ás necesiadedes de cada usuario ou non será.
  • Flexibilidade: Non pode ser ríxida, ten que permitir adaptarse a novas situacións, actividades ou informacións que xurdan con cada usuario.
  • Desenvolvemento: Debe procurar a autonomía de cada usuario.
Igualmente importante é ter en conta para a orientación laboral a especial atención á diversidade. A persoa orientadora debe ter en conta os colectivos vulnerables e os factores que dificultan especialmente o acceso ao emprego. Ten que coñecer cales son os factores que determinan as situacións de desigualdade e influir neles a través da súa intervención.

Debemos ter en conta, que a persoa orientadora laboral ten que ter unhas competencias clave para o desenvolvemento do seu traballo:
  • Técnicas, como coñecementos de lexislación laboral e de seguridade social e de habilidades sociais. Coñecemento do tecido empresarial do ámbito de traballo.
  • Intanxibles, como a creatividade e innovación, a organización no traballo, a orientación ao cliente ou persoa usuaria, orientación ao traballo, iniciativa e competencia interpersoal.


Itinerarios de inserción




Os itinerarios de inserción son básicos na orientación laboral. Se no primeiro tema deste módulo falabamos das competencias das persoas orintadoras, falabamos da adaptabilidade, da personalización, da flexibilidade, pois ben todas esas competencias son necesarias para a elaboración de itinerarios de inserción.

Estes itinerarios sñon un conxunto de accións que se organizan nin proceso personalizado cara a iserción laboral. Concretamente estes están compostos por tres fases ben diferenciadas:

  • Diagnóstico personalizado
  • Intervención orientadora, con actividades grupais e individuais
  • Supervisión e/ou avaliación continua
O esquema básico dun itinerario de insercción sería o que segue:


Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións


Cando falamos destes procesos, falamos fundamentalmente da entrevista, tanto da entrevista de orientación laboral, como da entrevista por competencias, coma unha das fases do proceso de selección.



A entrevista de orientación laboral é un  proceso de comunicación que se emprega como unstrumento fundaamental para o asesoramento e como medio de selección de persoal. O entrevistador avalia ata que pundo a persoa sabe, pode e quere realizar as tarefas dun posto, e a persoa entrevistada, ten como obxectivo desmostrar que pode, sabe e quere desenvolver as tarefas do posto ofrecido.

Debemos ter en conta os seguintes aspectos antes dunha entrevista:

  • Ter claro o que se pode ofrecer
  • Coñecer a empresa e o posto de traballo ofrecido
  • Preparar preguntas para facaer ao entrevistador
  • Lembrar os datos e detalles do teu curriculum
  • Coidar presenza e hixiene persoal
  • Levar toda a documentación necesaria
Así mesmo debemos evitar o seguinte ante unha entrevista
  • Mostrar problemas de dispoñibilidade
  • Dar mostras de agresividade ou de pouco control
  • Dar mostras de rixidez
  • Parecer pouco responsable
  • Parecer pouco dinámico
  • Ser impuntual
  • Parecer que non tes confianza en ti mesma

Análise de perfís profesionais e prospección de emprego


Toda persoa orientadora debe coñecer en profundidade os postos de traballo existentes, as potenciais xeradoras de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións. O que se debe facer fundamentalmente para a análise de postos de traballo consiste en propor a persoa usuaria que procure información en dirferentes fontes sobre as ocupacións obxecto de estudo e identifique cales son as principais característivas que ofrecen e demanda no posto de traballo.


Hoxe por hoxe, estanse a crear novos perfís profesionais, e debemos telos en conta, como en calquera profesión debemos estar actualizados, e adaptarnos aos cambios, como diciamos anteriormente. por iso debemos procurar tamén un catálogo de novas profesións.

Outra actividade básica da persoa orientadora é a prospección empresarial, podemos comezar por indicar que a prospección é a explotación de posibilidades futuras baseadas en indicios presentes. E esta definición debemos levala a prospección orientada ao coñecemento da oferta, dos postos de traballo, e a orientada a demanda, ao coñecemento dos perfís profesionais de determinados colectivos.



A prospección de empresas é beneficiosa tanto para as empresas, como para as entidades, ás primeiras permítelles coñecer os recursos humanos dispoñibles, detectar as necesidades dos novos postos de traballo, determinar as tarefas a desenvolver en cada posto e identifica perfís profesionais; ás segundas mellorar o coñecemento da realidade empresariall das empresa, estudar a incidencia no emprego de cambios na sociedade, contribuir á toma de decións de políticas activas de emprego.


Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e ao autoemprego


Para resumir refirirémonos fundamentalmente a tres, o Curriculum vitae, as entrevistas de selección e a rede de contactos (networking)

Do Curriculum vitae podemos dicir que é a ferramenta fundamental para a prcura de emprego. Tamén é importante remarcar que non existe un CV estandar, pefrfecto, senon que é unha ferramenta creativa, personalizada, e que dicimos que debe cumprir uns obxectivos:

  • Chamar a atención
  • Suscitar interese
  • Fomentar o desexo
  • conseguir acción

Existen diferentes tipos e modelos de curriculum, pero o importante é que atopemos unn que se adapte a nós e ao posto de traballo que estamos a optar.

Se o CV era a ferramenta básica e fundamental, a entrevista de selección é o punto de inflexión, o momento clave onde temos que conseguir vendernos, chegar a transmitir todo o noso potencial para o posto de traballo ao que estamos optar, é unha ferramenta de venda e así a debemos tratar, dándolle a importancia e preparando coa profundidade que se merece.
Existen distintos tipos de entrevista, segundo o número de entrevistadores, o método utilizado, o que se procura con elas, e debemos estar preparadas para todas, e buscar, como viñamos indicando, vendernos do mellor xeito posible, personalizado ao posto de traballo que accedemos.

Non debemos deixar de lado a rede de contactos, ou networking, se ben podemos conseguir acceder a un posto de traballo a través de moitos medios, com o anuncios en prensa, internet, ett, e demais, o máis efectivo seguramente sexa ter unha ampla rede de contactos, nun sentido amploi, non unicamente daquelas persoas que coñecemos e relacionadas co propio obxectivo profesional, senon de todas aquelas que se ten unha relación significativa ao longo da vida e coas que é posible recuperar contacto na actualidade.




Elaboración do plan de empresa


O plan de empresa é unha ferramenta complexa, pero básica para a posta en marcha dun negocio. Se ben vimos ferramentas máis áxiles e cómodas para o análise da viabilidade previa dun proxecto, como o método CANVAS, necesitamos pasar a proba dun plan de empresa, traballado en profundidade para minimizar os riscos que implica a inversión nun novo negocio. Trátase de poñer no papel o que se leva montando na cabeza durante meses seguramente, trátase de levar ao máis parecido a realidade posible o noso proxecto, para detectar todas as eivas que poida ter antes de invertir diñeiro no mesmo e poder solucionalas co menor custo posible.

O plan de empresa procura responder a varias preguntas:

Se respondemos correctamente a estas preguntas o noso proxecto terá pasado unha proba suficiente para poñerse ante o mercado. 

Se ben é conveniente ver distintas guías para a elaboración do plan de empresa que existen en distintas plataformas, podemos adiantar unhas pinceladas de estructura, que sería como segue:

  1. Datos identificativos
  2. Descrición da actividade. A Idea
  3. O que nos rodea. Análise da contorna e do mercado
  4. Comercialización e Marketing
  5. Plan de operacións e localización
  6. Recursos Humanos e organización interna
  7. Plan económico financeiro
Compre rematar dicindo que non existe unha estrutura obrigada para o plan de empresa, pero é conveniente que sexa claro e esté estruturado, para que facilite a lectura, despois de todo é un documento que tamén vale como presentación do noso proxecto ante calquera persoa que estea interesada.


Para saber máis


Ningún comentario:

Publicar un comentario