Reflexión Módulo 1: Marco conceptual
Marco de referencia da orientación laboral
A labor da persoa orientadora laboral, vai moito máis alá de intentar insertar a persoa no mercado laboral a toda costa e "caiga quen caiga", Se ben a consigna idealizada de "non renunciemos aos nosos soños" que ilustra a imaxe anterior pode parecer, nun contexto de crise como o actual, un pouco fora da realidade, o certo é que adaptandoo ao noso sector pode convertirsena mellor estratexia de orientación. Como vimos a estratexia de orientación encádrase en catro grandes eixos: Información, orientación, motivación e asesoramento.
Seguindo a premisa da estratexia para a orientación, paréceme fundamental este primeiro módulo, como marco conceptual, pois está claro que para poder informar de todas as opcións e saber cales son as máis acaidas para a nosa orientada, as primeiras que debemos estar informadas e dispoñer das ferramentas precisas somos nós, así penso que este marco conceptual está a brindarnos o "know how" para acceder a esa información e compartillala con éxito.
Política social e de emprego da Unión Europea
Neste proceso de adquisición de ferramentas vimos por exemplo as póliticas, activas e pasivas que están a desenvolverse polas distintas administracións, xa sexa, a nivel estatal (SEPE), a nivel autonómico (SPEG) ou a nivel de políticas europeas. Podemos ver se lle botamos un ollo a información dispoñible na rede que agora mesmo as estatais e europeas (as segundas informa ás primeiras) están a promover a contratación a través do empeoramento radical das condicións laborais das traballadoras (de forma eufemística, "flexibilización do mercado laboral"), ou ben de incentivos e bonificacións nas cotizacións á seguridade social. O certo é que non se está a ser conscientes, desde as políticas europeas (que ao fin é onde radican as politicas estatais, pois son que as financian na súa maioria),que as necesidades actuais de traballadoras e empresas non pasa polo camiño que se están inventando, como a estratexia 20/20, que vemos completamente alonxada da realidade.
O Mercado Laboral
Son claramente todas elas insuficientes e mal enfocadas, nada máis temos que ver a situación a nosa sociedade, botandolle un ollo aos indicadores do mercado laboral como a EPA, a taxa de ocupación, ao número de afiliados, ou a calquera das informacións estadísticas que temos ao noso dispor en sitios web como IGE ou o INE.
En definitiva, é evidente que temos uns dirixentes que están bastante afastados da realidade, e ainda que se gastan cantidades inxentes de diñeiro en revertir a situación, o certo é que segundo os datos vistos estes días na documentación achegada para este Marco Conceptual, están a ser pouco eficientes.
Certificación e Formación profesional
Ben é certo que non todo o que se está a facer redunda en impedimentos para as traballadoras e orientadas, se ben, moitas veces crease unha cantidade importante de trámites burocráticos polos que hai que "escalar" para homoxeneizar e recoñecer coñecementos nun mercado común europeo e mesmo estatal; no que nós como orientadoras podemos facilitar moito o camiño. adiviñáchedes! estou a referirme á cerificación profesional, esa materia tan "liviana" que nos axudou a entender de xeito tan sobresainte a relatora Elena Gónzalez, se nos quedou algo claro de toda esta materia é onde atopar a información sobre as cualificacións e a formación profesional, e as diferencias entre a formación na administración educativa (que expide títulos) e a laboral (que expide certificacións).
A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral
Pero non ficou aquí a nosa formación para facernos cun marco conceptual para poder atender dunha forma excelente ás nosas orientadas, non podemos esquecernos do emprendemento, xa que está a ser fortemente fomentado desde as administracións, tanto europeas como estatais ou autonómicas, e porque pode ser un dos posibles camíños profesionais a poñer encima da mesa para que valoren as nosas orientadas, sempre lembrando que non somos nós quen temos que tomar as decisión, senon sempre elas.
Nesa parte tan importante da estratéxia da orientación que é a motivación, o emprendemento pode xogar un papel clave, pois é unha ferramenta excelente para conseguir un posto de traballo realmente motivado. No entanto, non debemos caer no ánimo fácil ao emprendemento, a decisión de comezar unha actividade por conta propia pode ter moias consecuencias positivas, pero tamen as pode ter negativas. Non me estou a referir ao fracaso dunha iniciativa emprendedora, pois hai culturas que valoran altamente o fracaso e o consideran un paso previo e necesario para o éxito, senon que estou a por de manifesto unha necesidade de valorar en profundidade os riscos que se corren, pois temos que saber o alcance económico, social, familiar e emocional que pode ter o noso proxecto. En definitiva temos que avaliar a viabilidade do noso proxecto e previamente plantexar o modelo de negocio que debemos afrontar, para isto existen diversas ferramentas, como a que traballamos nas sesións presenciais co modelo CANVAS
Aprendimos tamén que é básico escoller unha forma xúridica axeitada, e que para estes momentos de crise económica unhas das máis atraintes son todas as encadradas na chamada economía social, cooperatiavas, sociedades laborais, etc.
En definitiva e como conclusión final deste pequeno artigo que pretende ser unha reflexión, resumo do meu punto de vista sobre o que neste primeiro módulo do curso de postgrao de Especialización en Orientación Laboral, é fundamental a información, e máis nunha época como a actual, na que moitas veces o exceso desta fainos ser máis desinformadas, necesitamos ser empáticas e necesitamos adaptarnos ás necesidade e diversas situacións das persoas que veñan a solicitar os nosos servizos. E podemos dicir que deste Marco Conceptual saimos co xermen necesario para informar, orientar, motivar e asesorar ás nosas usuarias
Para profundizar na información exposta existen diversas ligazóns en todo o texto, á vez que recollo algunhas máis na seguinte listaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario