A situación e evolución que segue o mercado laboral de calquer economía e o resultado de dúas variables:
Oferta de traballo esta determinada por catro factores: demográficos, sociais e culturais, fluxos de entrada e saída de emprego e fluxos de entrada e saída de poboación activa.
A demanda de traballo representa a cantidade de traballadores que as empresas ou empregadores están dispostos a contratar.
O equilibrio no mercado de traballo ven determinado polo punto de cruce das dúas curvas (a da oferta e a demanda).
As razóns para comprender as causas do desemprego atópanse en dúas teorías diferentes:
-Teoría clásica que atopa a explicación no propio funcionamento do mercado de traballo e a rixidez dos salarios á baixa son a causa do paro.
-Teoría de corte keymesiano, para a que a explicación se atopa na falta de demanda agregada.
Activos persoas de máis de 16 anos ,que formalicen man de obra para a producción de bens e servizos ou están dispoñibles e en condicións de incorporarse á devandita producción. Se subdividen en:
Ocupados: son persoas de máis de 16 anos que durante a semana estiveron traballando durante polo menos unha hora a cambio dunha retribución ou que tendo traballo estiveron temporalmente ausentes por enfermidade, vacacións, etc.
Ocupados por conta propia ou asalariados, atendendo a xornada de traballo poden clasificarse en tempo completo (+ 30 horas semanais) ou a tempo parcial (-35 horas semanais).
Parados son as persoas de +16 anos que durante a semana de referencia estiveron sen traballo, dispoñibles para traballar e buscado activamente emprego.
Inactivos reciben esta consideración a poboación de 16 ou máis anos non incluída nas categorías anteriores.
-Taxa de Actividade: É o cociente entre poboación activa e poboación en idade legal de traballar.
-Taxa de Paro: É o cociente entre a poboación parada e a poboación activa.
-Taxa de Emprego: É o cociente entre poboación ocupada e poboación idade legal de traballar.
Para mellorar o mercado laboral débese procurar elevar a taxa de emprego, sendo o ideal facelo reducindo a taxa de paro e aumentando a taxa de actividade.
Estructural é tecnicamente o desaxuste entre a oferta e demanda de traballadores.
Friccional aparece a peser que o número de postos coincida co número de persoas con disposición de traballar, e dicir, que a oferta sexa igual a demanda.
Cíclíco este tipo de desemprego ocurre cando o mesmo é causado só por un ciclo, é o tipo máis nocivo de desemprego.
Estacional varia coas estacións do ano en consecuencia da oferta e a demanda de emprego.
Nunha sociedade marcada polos cambios demográficos, nas expectativas de calidade de vida, no traballo e na xestión do tempo e a súa relación co medio ambente, os expertos da Comisión Europea identifican 19 ámbitos de actividade que agrupamos en catro:
-Servizos a mellora da calidade de vida
-Servizos medio ambientais.
As ocupacións é importante coñecer a Clasificación Nacional das Ocupacións 2011, do Real Decreto 1591/2010, este sistema de codificación ten por obxectivo o tratamento sobre ocupacións de maneira uniforme a efectos estatísticos.
1.Emprego público requisitos:
Sistemas de acceso para as Administración Públicas
Acceso a persoas con discapacidade
Acceso a promoción interna.
Tipos de empregados públicos:
-Funcionario de carreira, grupos A, B e C.
-Persoal funcionario interino
Según en tamaño: Microempresa, pequeña empresa e mediana empresa.
Segundo a actividade: Sector primario ganadería e pesca, Sector secundario ou industrial e Sector terciario ou de servizos.
Segundo o ámbito de actividade da empresa clasifícanse en: locais, provinciais, rexionais, nacionais e multinacionais.
Segundo quen teña a propiedade: privada, pública e mixta.
Segundo a forma xurídica:
Persoas fisicas: empresario individual, comunidade de bens, sociedade civil, emprendedor de responsabilidade limitada.
Persoas xurídicas: Sociedade Colectiva, Sociedade comanditaria simple e Sociedades de Capital ( Sociedad de respnsabilidade limitada, Sociedade limitada nova empresa, Sociedad anónima e Sociedade comanditaria por accións.
Traballo por conta propia ou autónomo
Para traballar os pasos e trámites burocráticos:
-Inscrición ou alta na Seguridade Social
-Alta no Imposto de Actividades Económicas
-No caso de que o traballador autonómo apertura dun local.
-No caso de que o traballador autónomo dea de alta a traballadores asalariados.
-Subvencións a fondo perdido
-Pago único ou capitalización da prestación por desemprego
-Financiamento bonificado
-Axudas o emprendemento rural
-Axudas a economía social
-Bonificacións na cotización de autonómos.
-Bonificacións a contratación de traballadores
ELEMENTOS PARA CREACIÓN DUNHA EMPRESA
Ter madeira de emprendedor
Detectar unha oportunidade tratar de autoempregarse
Aumentar os ingresos/estatus social
Permanecer no lugar de residencia o Independizarse
Traballar con amigos ou familiares.
Coñecer a razón permitirá definir o fin e a misión
O fin explica a razón interna, persoal ou para a propia empresa, que motiva o proxecto. Cohesiona aos membros.
A misión describe a razón perante a sociedade, o seu obxectivo para a comunidade. Orienta as decisións.
É un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio. Documento co que a persoa emprendedora lle da forma á idea, reflexiona e plasma as cuestións máis significativas da nova empresa, examina a súa viabilidade técnica, económica e financeira, e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a oportunidade de negocio nun proxecto empresarial que se materialice na creación dunha nova empresa.
Contido dun Plan de Empresa
4. Plan de organización e recursos humanos.
6. Estudo económico - financeiro.
7. Conclusións: viabilidade.
O modelo CANVAS é a ferramenta cualitativa proposta por Alexander Osterwalder para confeccionar deseños empresariais (modelos de negocio). O modelo Canvas permite, a partir da idea, confeccionar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito.
SISTEMA NACIONAL DE EMPREGO
O Sistema Nacional de Emprego busca promover e desenvolver políticas de emprego, está formado polo SEPE e os distintos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas (CC.AA). Ademais ten dous órganos Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais e o Consello Xeral do Sistema Nacional de Emprego.
O SEPE é un organismo autónomo adscrito, actualmente, o Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Constitúese e defínese como tal a partir da Lei de Empleo (Lei 56/2003, de 16 de diciembre)
Ademais é competente para xestionar as prestacións por desemprego así como para desenvolver, ordenar e facer o seguimiento dos programas e medidas das políticas de emprego e coordinar a rede territorial. A estratexia debe ser coherente para garantir o principio de unidade de acceso e atención ás persoas usuarias de todo o territorio e flexible como para permitir a súa adecuación as características dos mercados de cada Comunidade Autónoma, e dicir, igualdade de acceso, a cohesión social e a complementariedade entre a unidade de mercado e a diversidade territorial.
Un elemento importante do SEPE e a súa Carta de Servicios que nos da coñecer o servizo, obxectivos, organización, estructura, competencias e destinatarios dos servizos.
Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) é a estrutura pública dependente da Xunta de Galicia que une dun modo integral e coordinado a todas aquelas unidades da administración autonómica que prestan servizos ou exercen funcións no ámbito das Políticas Activas de Emprego, competencia transferida dende o Real Decreto 1375/1997 dentro do marco territorial da nosa comunidade autónoma (Lei Orgánica 1/1981).
Dun modo simplificado, enténdese por Políticas Activas de Emprego o conxunto de actuacións desenvolvidas pola Xunta de Galicia nos ámbitos da orientación laboral, da mellora da capacitación das persoas demandantes e traballadoras proporcionándolles formación e experiencia profesional, e da intermediación entre ofertas e demandas; e todo iso para mellorar as posibilidades de acceder ao emprego por parte das persoas desempregadas, ou adaptar e actualizar os coñecementos e habilidades das persoas traballadoras que desexen mellorar o seu emprego.
Os obxetivos que definen as accións de orientación profesional:
- Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional.
- Revisar e actualizar o curriculum vitae de cada demandante.
- Optimizar a oferta formativa.
- Compatibiliza a demanda da persoa coa oferta existente
- Ofrecer un sistema información que permita a pesoa usuaria coñecer o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.
As directrices de emprego da Unión Europea, Plan Nacional de Acción para o Emprego e os Acordos sobre medidas para o crecemento de traballo en Galicia, céntranse en mellorar a capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería Traballo pon en marcha un sistema de orientación laboral basado na información, orientación e procura activa de emprego, para mellorar a ocupación das persoas desempregadas.
Ademais da rede das Oficinas de Emprego, existe unha rede de persoal orientador en entidades colaboradoras, seleccionadas a través dunha Orde de convocatoria anual.
En primeiro lugar ten unha entrevista en profundidade para coñecer o seu perfil profesional- ocupacional. Despois existe a posibilidade de elaborar un Itinerario Personalizado de Inserción (IPI) marcando unhas directrices de traballo (formación, ferramentas de busca de emprego, etc,.)
O acceso o Servizo Orientación é a través da Oficina de Emprego na que esta inscrito o demandante ou do seu centro titor. Tamén pode solicitar a cita directamente na oficina virtual de emprego.
A orientación para a igualdade e a inclusión social
A orientación laboral é un conxunto de iniciativas integradas de información, asesoramento e titorización profesional para promover a empleabilidade e ocupabilidade nun contexto económico e comunitario global, así como facilitar a formación permanente dos traballadores e a inclusión social (definición Margot Valcarce).
Tendo en conta esta definición a orientación e un proceso necesario o longo da vida e temos que ter en conta a área persoal, académica, profesional,familiar e social. A hora da intervención temos que ter en conta no patrón as seguintes áreas; facer un diagnóstico de empleabilidad ,proxectar un plan de intervención / concretar nun itinerario, realizar o acompañamento titorizado e preparar o demandante.
A inclusión social se traballar cos colectivos vulnerables, e dicir, que teñen menor nivel de empleabilidad. Existen tres niveis de vulnerabilidade segundo Caste,l na zoa 1 de integración, seguridade ou inseguridade, zoa 2 vulnerabilidade precariedade ou inestabilidade e a zoa 3 de exclusión social.
Patrón da orientación para traballar con persoas en situación de vulnerabilidade:
-Reconocer os factores que determinan a situación
-Intervir e mediar xustando a persoa preceso de inserción.
-Proporcionar ferramentas de busca activa de emprego de forma autónoma.
-Traballar a activación e a motivación.
-Desenvolver o empoderamento.
-Proporcionar o acompañamento no acceso a dispositivos e recursos comunitarios que faciliten o manexo do mercado laboral.
Políticas de Emprego en España
A política de emprego esta é un conxunto de actuacións que toma os poderes públicos co obxectivo de mellorar o mercado laboral.
Seguindo Real Decreto-Lei 3/2011, de medidas urxentes para a mellora da empregablilidade e a reforma das políticas activas de emprego, enténdese por políticas activas de emprego:
“O conxunto de accións e medidas de orientación, emprego e formación para mellorar as posibilidades de acceso o emprego, por conta allea ou propia, ao mantemento do emprego e á promoción profesional das persoas ocupadas e o fomento do espírito empresarial e da economía social”.
Cando falamos de políticas de emprego temos que diferenciar:
-Políticas activas mellorar as posibilidades de acceso o mercado laboral.
No Real Decreto-Lei 3/2011 aparecen: novos instrumentos para a coordinación SNE
1.Estratexia Española de Emprego, plurianual, con orientacións, accións e obxectivos.
2. Plan Anual de Emprego, con obxectivos a nivel Nacional e Autonómico.
3.Fomento da cultura emprendedora e do espíritu empresarial
4.Reforzo da dimensión local nas Políticas Acticvas de Emprego.
1.Catálogo de servizos a cidadanía común a todos os SPE.
2.Modelo de atención personalizada dírixido a persoas desempregadas.
3.Fondo de políticas de emprego.
-Políticas pasivas teñen como obxectivo o mantemento de rentas de quen non ten un emprego cando tería a idoneidade, sobre todo en termos de idade, para desenvolverse activamente no mercado de traballo.
Características das prestacións:
-Prestacións contributivas
-Prestacións asistenciais
Plan Anual de Política de Emprego ( PAPE)
Os obxectivos prioritarios do Plan Anual de Política de Empleo 2015 (Real Decreto Legislativo 3/2015)
Os servizos (accións) e programas (medidas) do Plan 2015 que se desenvolven polos Servizos Públicos de Emprego drixense o cumprimento de cinco obxetivos estratéxicos seguintes:
-Mellorar a empleabilidade dos xoves e desenvolver o Plan de Implementación da Garantía Xuvenil en España.
-Favorecer a empleabilidade doutros colectivos especialmente afectados polo desemprego, en particular maiores de 45 anos que sexan desempregados de longa duración e beneficiarios do PREPARA.
-Mellorar a calidade da formación profesional para o emprego que se traduce no seu maior impacto en termos de inserción e de mellora no rendemento no posto de traballo.
-Reforzar a vinculación das políticas activas e pasivas de emprego, como forma de ofrecer unha mellor protección e vías do retorno o emprego para as persoas en situación de desemprego.
-Impulsar o emprendemento como parte inseparable da activación e recuperación do emprego.
Políticas de Emprego en Europa
-A política social e de emprego f
-Provoca un xiro á concepción europea dos dereitos dos traballadores.
-Nace da Cume de Luxemburgo sobre o emprego 1997
Principal obxectivo reducir o desemprego en Europa no prazo de 5 anos.
Finalidade considerar as políticas de emprego dos Estados membros.
Fase: 1.Período inicial 1997-2005
2.A estratexia de Listoa renovada polo crecemento e o emprego 2005.
3.O programa Comunitario de Lisboa 2008-2010
Debido o alto índice de desemprego en Europa en 2012, a Comisión Europea pon en marcha unha serie de medidas para impulsar o emprego.
Apoiar a creación de postos de traballo
Restablecer a dinámica dos mercados laborais
Consolidar a gobernanza das políticas de emprego
A Estratexia Europea de Emprego 2020 proporciona un marco que permite os países da Unión Europea compartir información e debater e coordinar as súas políticas de emprego.
Os gobernos dos paises membros, a través do Comité de Emprego e as institucións europeas elaboran o denominado paquete de medidasde emprego, formado por:
-Programa Nacionais de Reforma
-Informe Conxunto sobre o Emprego
-Recomendacións específicas para cada país
-Evolución Social e de Emprego en Europa.
En paralelo a este procedemento ten lugar un diálogo entre a Comisión, os gobernos nacionais, os sindicatos, a patronal e demais institucións europeas.
Ámbitos de desenvolvemento das políticas activas de emprego
A Unión Europea ten unha competencia complementaria á dos Estados membros en materia de emprego co obxectivo de elaborar unha estratexia común na materia.
-O elemento clave da estratexia común son as diretcrices ós Estados Membros.
-Os Estados Membros reciben estas directrices a proposto da Comisión.
-As directrices propostas son sacadas das conclusións enviadas á Comisión por parte do Consello Europeo,
-Estas directrices inflúen nas políticas de emprego de cada Estado.
-Cada ano os Estados elaboran un informe para o Consello en materia de emprego.
-O informe é valorado polo Consello, e se o ve preciso poder remitir unha recomendación ó Estado membro.
Prioridades da Estratexia 2020
A UE fai un gran esforzo para deixar atrás a crisis e crear as condicións propicias para unha economía máis competitiva que cree emprego.
A estratexia Europea 2020 trata de lograr un crecemento intelixente, a través de invresións máis a fins en educación, investigación e innovación,crecemento sostible, grazas o impulso decidido a unha economía baixa en carbono, e crecemento integrador, que poña o acento na creación de emprego e a reducción da pobreza.
Obxectivos da Estratexia 2020
Emprego para o 75% das persoas de 20 a 64 anos
I+D inversión do 3% PIB da UE
Cambio climático e sostenibilidade enerética, redución de gasese efecto invernadero un 20%, 20% en enerxias renovables e aumento dun 20% de eficiencia enerxética.
Educación que as tasas de abandono escolar prematuro por debaixo 10%, que al menos un 40% das persoas deberán completar estudios de nivel superior.
Luchar contra a pobreza e a exclusión social, reducir al menos en 20 millóns.
Na EU para poder realizar esta competencia en materia de emprego ten que determinar unha Estratexia Común entre os Estados, para o cal teñan un conxunto de instrumentos financieiros que son os Fondos:
-Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
-Fondo Social Europeo (FSE) este destina as axudas a:
-A formación profesional, orientación, asesoramento e perfeccionamento
-Axudas ao emprego e o autoemprego. Axuda á formación de investigadores.
-Desenvolvemento de vínculos entre as empresas e centros de formación e investigación.
-Desenvolvementos de sistemas que anticipen os cambios no emprego e as cualificacións.
-Fondo Europeo de Adaptación á Globalización
-Fondo de Ayuda Europea para os máis Necesitados (FEAD)
-Programa Europeo de Emprego e Innovación (EaSI)
A mobilidade de traballadores
Unha das catro libertades que gozan os cidadáns da Unión Europea é a libre circulación dos traballadores, que inclúe o dereito de desprazamento e residencia do traballador, o dereito a entrada e residencia dos membros da familia e o dereito a traballar noutro Estado membro.
A rede Eures proporciona servizos de información,asesoramento e contratación/colocación os traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio de libre circulación.
Eures é moito máis que o portal de mobilidade profesional, conta cunha rede humana de 850 conselleiros Eures e toda Europa.
A ESTRUCTURA DA FORMACIÓN PROFESIONAL E DOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
Formación Profesional Básica
-Ter entre 15 anos e 17 anos cumplidos no momento do acceso ou durante o ano natural en curso.
-Ter cursado 3º de ESO, ou excepcionalmente ter cursado 2º ESO
-A proposta do equipo docente.
Ó finalizar os estudos obterás:
-Título Profesional Básico da familia profesional correspondente; que se corresponde con niveis 1 de cualificación.
-Da acceso directo aos ciclos medios
-Non dará dereito ó título da ESO deberán presentarse á reválida.
Dentro da Formación Profesional temos distintos réximes de estudo:
-Réxime ordinario: presencial e curso completo
-Réxime persoas adultas: Parcial por módulos formativos
-Modalidade: Presencial ou distancia.
-Formación profesional dual
A Lei 30/2015 que regula o Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral.
-Definición dun novo papel para os distintos axentes e órganos concernidos no goberno do sisitema.
-Libre concorrencia entre entidades de formación.
-Creación dunha conta de formación: rexistro de toda a formación recibida por unha persoa ó longo da súa carreira profesional, enmarcada no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
-Creación dun cheque de formación para os traballadores desempregados.
-Creación dunha unidade especial de Inspección do traballlo con capacidade de sanción.
-Impulso do Sistema Nacional das Cualificacións e FP.
-Creación dunha fundación estatal para a formación para o emprego.
Oferta programada polas empresas:
Oferta programda pola administración
-Traballadores desempregados
-Accións formativas con compromiso de contratación
-Formación con alternancia co emprego
-Programas específicos para persoas con NNEE.
-Formación de persoas con privación de libertade, militares de tropa e marinería en relación temporal coas forzas armadas.
Certificados de profesionalidade
- Sistema Nacional das Cualificacions e Formación Profesional
- Instituto Galego das Cualificacións
-Recoñecemento da experiencia profesional
Toda este esquema aporta un epaso o mercado laboral, e ademais dunha ferramenta de uso para a orientación laboral co enlaces a Servizos Públicos, Programas Europeos, Emprendemento, Rede Eures, Instituto das Cualificacións, Competencias Clave, Formación Profesional.
Para saber máis:
Carta de servizos do SEPE