A FORMACIÓN É O CAMIÑO
Arrancamos un proxecto novo...comezamos unha nova aventura...Todos e todas estamos ilusionados/as... Para uns será unha experiencia nova, para outros unha oportunidade de buscar outra vía de acceso ao mercado laboral,...Un mercado cada vez máis cambiante e competitivo!
Todos/as tedes unha motivación diferente pola que vos embarcachedes neste programa:
- Obter un certificado de profesionalidade.
- Aprender un oficio.
- Reciclarse.
- Acceder ao mercado laboral por primeira vez.
- Etc...
Para acadar ese obxectivo necesitamos da formación porque é un pilar básico para adquirir os coñecementos, competencias e habilidades necesarias para desenvolvernos posteriormente.
Durante estes 9 meses que tedes por diante ides prepararvos para obter o Certificado de profesionalidade de Operacións auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
Os certificados de profesionalidade son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais no ámbito da administración laboral.
Estes certificados acreditan o conxunto de competencias profesionais
que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral identificable no sistema produtivo sen que iso constitúa regulación do exercicio profesional.
Teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional e son
expedidos polo SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) e os órganos competentes das Comunidades
Autónomas, no noso caso a Xunta de Galicia.
Logo de obter o certificado os que queiran continuar formándose poden acceder á Formación Profesional da mesma familia, dado que os certificados comparten módulos formativos que se poden convalidar coa formación que se imparte nos centros de formación regrada.
E remato con unha frase célebre...
"Ás prantas enderezaas o cultivo, aos homes a educación."
J.J. Rousseau